SORTEO CAMPAÑA ESQUÍ DEPUTACIÓN 2014

luns, 3 Febreiro, 2014

O Concello e Santiago dispón de 37 prazas para participar na Campaña de Esquí que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de San Isidro (León), na quenda do 21 ao 23 de marzo de 2014.


 


Rematado o prazo de inscrición, hai máis solicitudes ca o número de prazas que asignou a Deputación, polo que se realizará un sorteo público diante do secretario do Concello, tal e como se establece no tríptico informativo da actividade.


 


O sorteo público terá lugar  o vindeiro martes 4 de febreiro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.


 


O mércores 5 publicarase nesta web o resultado do sorteo.