SEGUNDO ENCONTRO DE FÚTBOL AMERICANO EN SANTA ISABEL

domingo, 24 Marzo, 2013

O domingo día 24 poderase volver gozar no campo municipal de Santa Isabel dun partido oficial de Fútbol Americano en Santiago de Compostela.


Os Santiago Black Ravens e os Lisboa Navigators disputarán este encontro da Liga Portuguesa de Fútbol Americano a partir das 11:30 horas.


A entrada ao recinto será gratuíta.