A San Silvestre 2020 queda suspendida

martes, 29 Decembro, 2020

Desde o Concello de Santiago de Compostela, lamentamos comunicar a suspensión da “VIII San Silvestre de Santiago” prevista para o 31 de decembro de 2020. Esta decisión foi acordada xunto coa Federación Galega de Atletismo en vista ao baixo nivel na dinámica de inscrición nesta proba solidaria. No que respecta aos atletas que formalizaron a súa participación, infórmase que se procederá á devolución da inscrición a través da propia plataforma. Agradecemos a comprensión e colaboración de todas e todos e desexámosvos un 2021 cheo de deporte e saúde.

Preme aquí para ver o comunicado oficial