RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAÑA DE INVERNO 2020- DEPUTACIÓN DA CORUÑA

martes, 17 Decembro, 2019

O martes 17 de decembro, ás 14,05 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 20 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2020 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…