RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAÑA DE INVERNO 2019 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

martes, 15 Xaneiro, 2019

O martes 15 de xaneiro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 22 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2019 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 25 ao 28 de xaneiro.

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…

Resultado do sorteo

Acta do sorteo