RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAÑA DE INVERNO 2018 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

venres, 2 Febreiro, 2018

Hoxe, venres 2 de febreiro, ás 14,15 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 22 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2018 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda, na quenda do 9 ao 12 de marzo.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…