RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS VERÁN 2022 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

mércores, 25 Maio, 2022

O mércores 25 de maio, ás 14,15 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 20 prazas do Concello de Santiago para participar nos Campamentos Deportivos Verán 2022 da Deputación da Coruña, na quenda do 26 de xuño ao 1 de xullo.

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…

 

Resultado do sorteo

Acta do sorteo