RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

venres, 7 Xuño, 2019

O xoves 6 de xuño, ás 11.05 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas do Concello de Santiago para participar nos Campamentos Deportivos 2019 que a Deputación da Coruña organiza no Colexio Calvo Sotelo, na quenda do 21 ao 26 de xullo.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…