RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2018 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

luns, 25 Xuño, 2018

O venres 22de xuño, ás 11,05 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas para participar no Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña organiza nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo da Coruña, na quenda do 15 ao 20 de xullo.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes  para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…

Teléfono de contacto do Departamento de Deportes: 981 528 730