RESULTADO SORTEO PRAZAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2017 - DEPUTACIÓN DA CORUÑA

venres, 23 Xuño, 2017

O venres 23 de xuño, ás 13,05 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 18 prazas para participar no Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña organiza nas instalacións do Centro Residencial Docente da Coruña, na quenda do 26 de agosto ao 1 de setembro.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo

O vindeiro luns publicaremos a acta do sorteo asinada polo Secretrario Xeral do Pleno.

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes  para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…

Teléfono de contacto do Departamento de Deportes: 981 528 730