RESULTADO DO SORTEO DAS PRAZAS PARA A CAMPAÑA DE NEVE 2023 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

xoves, 22 Decembro, 2022

O xoves 22 de decembro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón Verde do Concello o sorteo para a adxudicación das 23 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Neve 2023 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 3 ao 6 de febreiro de 2023.

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e para seren informados de como vai a continuar a tramitación da inscrición.

Resultado do sorteo

Acta do sorteo