RESULTADO DO SORTEO DAS PRAZAS PARA A CAMPAÑA DE NEVE 2022 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

venres, 17 Decembro, 2021

O venres 17 de decembro, ás 14,00 h. celebrouse no Salón de Plenos do Concello o sorteo para a adxudicación das 25 prazas do Concello de Santiago para participar na Campaña de Inverno 2022 que a Deputación da Coruña organiza na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 28 ao 31 de xaneiro.

Os adxudicatarios das prazas deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes no teléfono 981 528 730 para confirmar que lles interesa a praza e facilitar un enderezo de correo electrónico para que poidan ser informados da documentación que teñen pendente de aportar, facilitarlles o número de conta no que deberán facer o ingreso correspondente ao importe da actividade, etc…

Listaxe de admitidos + Listaxe de reserva

Acta do sorteo