As restricións polo estado de alarma non afectan ao deporte federado

sábado, 31 Outubro, 2020

 A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia aclara que as restricións polo estado de alarma non afectan ao deporte federado.

Concultar o comunicado AQUÍ.

1) Restricións ás agrupacións de persoas.

Segundo o disposto no artigo segundo, no seu parágrafo terceiro, esta limitación
non será aplicable no caso da práctica de deporte federado, sempre que se
adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de
funcionamento. En consecuencia haberá que estar ao disposto nos protocolos
federativos aprobados segundo o modelo Fisicovid-Dxtgalego.

2) Restricións á mobilidade.

Con base no artigo primeiro, apartados 2, punto b) (Cumprimento de obrigas
laborais, profesionais, empresariais ou legais), e k) (Calquera outra actividade
de análoga natureza, debidamente acreditada), a realización de actividades
deportivas federadas estarían exceptuadas.

3) Interpretación do RD 926/2020.

Segundo a interpretación traslada polo CSD, así como no Consejo Interterritorial
del Sistema Nacional de Salud, as excepcións contempladas nos artigos 5, h)
e 6, k), aplicaríanse ao deporte profesional e non profesional federado. En
consecuencia as actividades deportivas federadas estarían exceptuadas das
limitacións de circulación nas franxas horarias entre as 23:00 e as 06:00 h.