RESERVA DE POLIDEPORTIVOS DURANTE A ÉPOCA DE NADAL

martes, 17 Decembro, 2013

Infórmase a todos os usuarios que durante a época de Nadal, como consecuencia dos días festivos existentes, a reserva de pista presencial modifica o seu día habitual dos martes.


Tendo en conta que os martes 24 e 31 de decembro son días non laborables no Concello, a reserva de pista presencial (nas oficinas do Departamento de Deportes) realizarase os xoves 26 de decembro e 2 de xaneiro respectivamente.


A partir da semana do 6 de xaneiro, retómase a actividade normal.


Pola contra, a reserva de pista on-line non se ve alterada mantendo o seu criterio habitual.


Para finalizar, comunicamos que os días 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro son días festivos, polo que non haberá dispoñibilidade de pista, reservándose os pavillóns unicamente para as actividades oficiais.


Disculpen as molestias que estas circunstancias poidan ocasionar.