RESERVA DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS EN FIN DE SEMANA PARA "USO LIBRE"

luns, 4 Xuño, 2018

Durante as fins de semana deste mes de xuño (do 16 ao 30) poderanse  reservar pavillóns polideportivos municipais e o Campo de Fútbol -8 de Belvís para “uso libre” (partidos, xogos deportivos e práctica deportiva en xeral desenvolvida por persoas físicas e non profesionais).

As reservas poderanse facer do xeito habitual:

On-line, a través da páxina web

Presencial, nas oficinas do Departamento de Deportes

Telefonicamente, chamando ao 981 528 730

 Máis información: Departamento de Deportes (981528730)