Recepción ás entidades participantes na II edición da Festa do Deporte

martes, 9 Outubro, 2018

Foto de grupo da recepción dos participantes na II Festa do Deporte

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe a recepción ás entidades participantes na segunda edición da Festa do Deporte, que se celebrou a fin de semana do 28 e 29 de setembro en Santa Isabel e o parque de Galeras.

As entidades participantes, de 43 disciplinas distinas, foron a Asociación Xogadores de Chave de Santiago, o Club A.G.A.D.I.R., o Club Atletismo Fontes do Sar, a Federación Galega de Bádminton, o Club Bádminton Santiago, a Federación Galega de Baloncesto, o Club Balonmán Ribadosar, o Club Leones BBC, Bushi Kai, o Colexio Profesional Educación Física de Galicia (COLEF), Compostela Discgolf Club, Compostela Esgrima (COMES), o Club Escola de Artes Marciais Europeas de Compostela, a Asociación Valentes Club Deportivo Lobos, a Federación Galega de Fútbol, o C.D. Santiago Black Ravens F.A, o Estrela Vermelha F.G., o Santiago Futsal, Real Aero Club de Santiago, o Club Hípica La Lagunita, o Club Hockey Compostela, Diver Patin Club Deportivo, o Club Deportivo Avalon Kai, a Asociación Cultural de Saúde Natural (ASSANA), Compostela Judo Club, a Federación Galega de Loita, o Club de Loita Stellae, o Club Deportivo Racing Galicia Sport, o Club USC de Orientación, o Club Patinaxe Compostela, Venatoria de Santiago, Lumos Compostela, Santiago Rugby Club, Club Deportivo Fontiñas, Asociación Santiaguesa de Skaters, a Federación Galega de Squash, a Federación Galega de Tenis de Mesa, Arteal Tenis de Mesa, Club Triatlón Santiago, Club Triatlón Compostela Talleres David, Club Voley Santiago, Club Waterpolo Santiago, Federación Galega de Xadrez, Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, Club Ximnasia Rítmica "Viravolta", a Asociación Xogos Tradicionais de Compostela e Cruz Vermella Santiago.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quixo agradecer a implicación de todos os clubes para que a segunda edición da Festa do Deporte fora todo un éxito. Na recepción estiveron tamén a edila de Deporte, Noa Morales, e os concelleiros Gonzalo Muiños, Goretti Sanmartín e Alejandro Sánchea-Brunete. Tras a benvida por parte do alcalde, os e as edís entregaron os diplomas que acreditan a participación no evento.

Obxectivos 
O fin principal do nacemento deste evento foi que Compostela vivise unha exaltación do deporte e que participasen o maior número de persoas posible. Tratouse dun evento recreativo e popular, aberto á participación e con carácter gratuíto, que contou con actividades adaptadas ao nivel de todos os/as asistentes.