PROGRAMA DE NATACIÓN ESCOLAR "Á AUGA PATOS"

martes, 27 Novembro, 2012 a venres, 31 Maio, 2013

Comenza un novo curso do Programa de Natación Escolar "Á AUGA PATOS", programa de gran tradición e aceptación na nosa Cidade e que se desenvolve, mediante un convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L., nas piscinas Fontes de Sar.


O Concello promocionará o Programa nos Centros de Ensino públicos e concertados e prestará os servizos administrativos dos Departamentos de Educación e Deportes a efectos de servir de enlace entre os Centros interesados e a Empresa Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L.


O programa que prioritariamente vai dirixido a escolares maiores de 6 anos dos centros de educación primaria do municipio, tamén poderá albergar, dentro das posibilidades que existan, a outros colectivos especiais non escolares que o Concello determine sempre e cando estes asuman as condicións xerais desta proposta.


 A data límite de inscrición será o 5 de decembro de 2012.


Para máis información porse en contacto coa Concellería de Educación (Tlfno. 981 554 400) ou co Departamento de Deportes (Tlfno. 981 528 730).