PRESENTACIÓN DO CLUB BALONMÁN RIBADOSAR

sábado, 3 Novembro, 2012

O pasado sábado día 3 de novembro no Pavillón do Restollal tivo lugar a posta de longo do Club Balonmán Ribadosar. No seu primeiro ano, conta nas súas distintas escolas con máis de setenta nenos/as aos que motiva e forma na práctica deste deporte. Cos seus cinco equipos federados, un benjamín, dous alevíns a nivel provincial, e infantil e cadete a nivel autonómico, o Club Balonmán Ribadosar representará á nosa capital esta tempada por toda a xeografía galega.


Os nenos que estean interesados en practicar este deporte, poden informarse na web www.ribadosar.es, ou pasarse polo pavillón do Colexio Quiroga Palacios os luns e os mércores de 18:15 a 20:00, ou os venres de 16:00 a 18:00 horas