Prazo extraordinario para a solicitude de instalacións municipais para a realización de actividades deportivas periódicas durante a tempada 2018/19.

mércores, 18 Xullo, 2018

Comunicamos á apertura dun prazo extraordinario de solicitude de instalacións municipais para a realización de actividades deportivas periódicas durante a tempada 2018/19. 

Como consecuencia dun erro no envío do correo electrónico informativo respecto da apertura do anterior prazo xa rematado, en base ao principio de confianza lexítima, procédese a establecer un segundo prazo extraordinario, concretamente do 19 ao 30 de xullo, para aquelas entidades deportivas interesadas que non puideron cumprir con este requisito obrigatorio no primeiro prazo.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles nas oficinas do Departamento de Deportes, na páxina web do Concello (www.santiagodecompostela.gal) e na do Departamento de Deportes (deportes.santiagodecompostela.gal

Solicitude campos de fútbol

Solicitude pavillóns (entidades deportivas)

Solicitude pavillóns (centros escolares)

Solicitude sala musculación Santa Isabel

Solicitude ximnasio Estadio San Lázaro

Solicitude pistas atletismo Estadio San Lázaro (entidades deportivas)


Unha vez cuberto é obrigatorio a súa presentación no Rexistro Municipal.