PECHE DOS CAMPOS DE FÚTBOL MUNICIPAIS O DOMINGO 11 DE MARZO

venres, 9 Marzo, 2018

Á vista da alerta metereolóxica prevista para esta fin de semana, especialmente para a madrugada do domingo 11, considérase oportuno proceder ao peche dos campos de fútbol municipais durante toda a xornada do domingo co fin de evitar situacións innecesarias de risco para os/as deportistas.

Este peche que inicialmente afecta unicamente ao domingo 11 de marzo poderá ser ampliado para o sábado 10 se se produce un empeoramento das actuais previsións metereolóxicas para a nosa cidade. En todo caso, queda a criterio da propia Federación poder ampliar esta suspensión a outras competicións previstas para o citado sábado.