PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS (COVID-19)

venres, 13 Marzo, 2020

COMUNICADO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE PECHE DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

 

As instalacións deportivas municipais pechan ao público desde hoxe venres 13 de marzo por un periodo estimado de 15 días, como consecuencia das medidas preventivas adoptadas ante a emerxencia de saúde pública provocada polo COVID-19.

 

Desde o Concello de Santiago manterase o contacto coas autoridades sanitarias de Galicia para manter informados puntualmente aos clubs de calquera cambio que se produza no referente a esta decisión.

 

Para calquera aclaración poden contactar co Departamento de Deportesa través do correo electrónico deportes@santiagodecompostela.gal e telefonicamente, de 9 a 14 horas, no 981 528 730.