NOVA ESCOLA DE ATLETISMO FONTES DO SAR

xoves, 8 Novembro, 2012

Dende o Departamento de Deportes do Concello de Santiago queremos dar a benvida ó panorama deportivo Compostelán ao Club de Atletismo Fontes do Sar. Este club de atletismo nace hai tres anos, cando despois de moitas quedadas dun grupo de amigos amantes das carreiras e da actividade física que adestraban xuntos na instalación municipal de Sar deciden federarse e agruparse como club. Neste curto período de tempo incrementaron exponencialmente o número de licencias tendo agora mesmo aproximadamente cen persoas no club.

Este ano deron un paso máis coa creación da escola de atletismo, que nace coa intención de dar a coñecer este fermoso deporte aos máis pequenos con actividades deportivas relacionadas co atletismo, sen esquecer a parte didáctica - pedagóxica que como todo deporte pode aportar os rapaces valores e experiencias moi positivas no seu desenvolvemento. Nesta parte foi moi relevante o impulso que se fixo dende o Departamento de Deportes do Concello encabezado polo seu Concelleiro de Deportes Adrián Varela. Proporcionándolle o club todo o necesario para comezar con esta escola, sen esquecer o apoio dos seus patrocinadores coma son XADE, Galeón, Amancio Deportes ou Zapatería Rial entre outros.

Se tes curiosidade e estás interesado na escola deportiva podes acudir ó Estadio Municipal de San Lázaro todos os martes e xoves en horario de 18 a 19 horas e falar cós responsables do club, que te asesorarán.