Normas de uso dos pavillóns deportivos municipais durante a desescalada do Covid-19

luns, 8 Xuño, 2020

pavillón deportivo municipal restollal

Compartimos convosco as normas de uso dos pillons deportivos municipais durante a desescalada do coronavirus Covid-19. É moi importante lelas con atención:

  • Manteña sempre a distancia mínima interpersoal con todos os usuarios e traballadores de2 metros.
  • Está prohibido acceder á instalación se presenta síntomas compatibles co COVID-19 ou estivo en contacto con persoas que puidesen ser sospeitosas de padecelo. É recomendable facer unha vixilancia activa dos seus síntomas e levar un rexistro diario da temperatura corporal.
  • No control de acceso é obrigatorio identificarse (podendo requirirse a presentación de DNI e a licenza federativa vixente).
  • No momento de entrar no recinto, deberá limpar as mans con hidroxel e desinfectar o seu calzado (se procede).
  • Só se pode acceder á instalación con reserva previa. O acceso deberá realizarse dentro dos primeiros 15 minutos do horario reservado. 
  • Unha vez no interior da instalación debe seguir atentamente as indicacións do persoal.
  • As tarefas realizadas serán individualizadas de carácter físico e técnico.
  • O horario de adestramento asignado será estritamente respectado. Unha vez finalizado deberá abandonar a instalación.
  • É obrigatorio o uso de máscara nas zonas comúns ata o inicio da actividade de adestramento. Deberá poñela de novo para abandonar o recinto.
  • Só se permitira o acceso á instalación dos usuarios que vaian desenvolver a actividade, non permitíndose o acceso a acompañantes.
  • Siga os sinais marcados que indican os percorridos de entrada e saída da instalación.
  • Extreme as medidas de hixiene persoal.
  • Evite tocar portas e resto de equipamentos da instalación na medida do posible.
  • É recomendable acudir vestidos coa roupa deportiva que utilizarán durante o adestramento.
  • O calzado para os adestramentos será de uso exclusivo dentro da instalación.
  • Todo o material ou roupa dos usuarios deixarase nos espazos definidos previamente en mochila ou bolsa de deporte pechada e mantendo a distancia de seguridade.
  • Uso individual de botellas de auga ou bebidas isotónicas, unha vez finalizadas deberán depositarse nas papeleiras.
  • Si esbirra ou tuse utilice un pano desbotable na papeleira. Se non ten pano fágao sobre a cara interna do cóbado. Despois tíreo o lixo e limpe as mans.
  • Uso de aseos: deberá solicitarse a apertura ao persoal de limpeza, que procederá posteriormente á súa desinfección. 
  • As entidades deportivas designarán un responsable técnico encargado de coordinar aos grupos de adestramento da entidade.

normas de uso dos pavillóns deportivos municipais covid-19