Normas de uso das pistas de atletismo do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro durante a desescalada do Covid-19

venres, 5 Xuño, 2020

 pistas de atletismo vero boquete san lázaro

Compartimos convosco as normas de uso das pistas de atletismo do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro. É moi importante lelas con atención.

  • Lea atentamente estas indicacións antes de acceder á instalación.
  • Manteña sempre a distancia mínima interpersoal con todos os usuarios e traballadores de2 metros.
  • Está prohibido acceder á instalación se presenta síntomas compatibles co COVID-19 ou estivo en contacto con persoas que puideran ser sospeitosas de padecelo.
  • No control de acceso é obrigatorio identificarse, podendo requirirse a presentación de DNI e a licenza federativa vixente.
  • No momento de entrar no recinto, deberá limpar as mans con hidroxel e desinfectar o seu calzado.
  • Unha vez no interior da instalación debe seguir atentamente as indicacións do persoal.
  • Só se permite o acceso á instalación a deportistas federados maiores de 14 anos.
  • Só se pode acceder á instalación con reserva previa. O acceso deberá realizarse dentro dos primeiros 15 minutos do horario reservado. 
  • Deberá abandonar a instalación de forma inmediata ao remate da hora de reserva.
  • É obrigatorio o uso de máscara nas zonas comúns ata o inicio da actividade de adestramento. Deberá poñela de novo para abandonar o recinto.
  • Só se permitirá o acceso á instalación dos usuarios que vaian desenvolver a actividade, non permitíndose o acceso a acompañantes.
  • Siga os sinais marcados que indican os percorridos de entrada e saída da instalación.
  • Extreme as medidas de hixiene persoal.
  • Evite tocar portas e resto de equipamentos da instalación na medida do posible.
  • O uso limitarase ás PISTAS DE ATLETISMO, non podendo utilizar o céspede do campo de xogo para lanzamentos, carreiras ou calquera outra actividade deportiva.
  • Durante a práctica deportiva manteña unha distancia mínima de seguridade de5 metrosco resto de usuarios da instalación.
  • Con carácter xeral, utilizaranse os carreiros 1, 3, 6; os carreiros 2, 5, 8 permaneceran pechados e os carreiros 4 e 7 utilizaranse para a volta. A carreira realizarase sempre en sentido contrario ás agullas do reloxo.
  • É recomendable acudir vestidos coa roupa deportiva que utilizarán durante o adestramento e poderase acudir co calzado deportivo específico a utilizar na pista (que será previamente desinfectado no acceso á instalación).
  • Todo o material ou roupa dos usuarios deixarase nos espazos definidos nos vestiarios en mochila ou bolsa de deporte pechada e mantendo a distancia de seguridade.
  • Uso individual de botellas de auga ou bebidas isotónicas, unha vez finalizadas deberán depositarse nas papeleiras.
  • Evite cuspir no interior da instalación.
  • Uso de aseos: deberá solicitarse a apertura ao persoal de limpeza, que procederá posteriormente á súa desinfección. 

 Normas uso pistas atletismo verónica boquete san lázaro