Medidas restritivas en vigor no ámbito deportivo para Santiago de Compostela

martes, 1 Decembro, 2020

Lembrámosvos, polo seu interese, as medidas restritivas en vigor no ámbito deportivo para Santiago de Compostela: 

ACTIVIDADES E INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

  • Actividade deportiva federada: rexerase polos protocolos específicos previstos.
  • Actividade física e deportiva non federada
    • Ao aire libre: práctica individual ou colectiva (só conviventes), sen contar o monitor e sen contacto físico
    • Instalacións e centros deportivos:
      • Só está permitida a práctica individual.
      • Aforo do 50%.
    • Piscinas:
      • De uso deportivo:
        • 50% de aforo, cun máximo de 100 persoas.
        • Obrigatoriedade do uso da máscara para accesos e desprazamentos
        • Recreativas de uso colectivo: peche da actividade.

EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓNS DEPORTIVAS

  • Poderán desenvolverse con público, sempre sentados.
  • Aforo máximo do 50%
    • Ao aire libre: 75 persoas
    • Espazos pechados: 30 persoas
  • Poderase ampliar este límite logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde pública
    • Ao aire libre: 150 persoas
    • Espazos pechados: 50 persoas
  • Nas instalacións municipais desenvolveranse a porta pechada