LIGA GALEGA DE MINIESGRIMA E ESPADA

sábado, 11 Maio, 2013 a domingo, 12 Maio, 2013

Por primeira vez poderemos gozar en Santiago de Compostela da 3ª Liga Galega de Miniesgrima (categorías de menores de 9 anos e menores de 12 anos) e da Liga Galega de Espada (categoría absoluta).


As dúas probas, organizadas polo club Compostela Esgrima, desenvolveranse no Pavillón do Restollal. A primeira proba terá lugar o sábado 11 desde as 16:00 horas e a segunda o domingo 12 desde as 10:00 horas.


Máis información: www.compostelaesgrima.com