II CIRCUITO DE CARREIRAS SAUDABLES CORRESAN

sábado, 25 Maio, 2013

Este ano poderemos gozar en Santiago de Compostela do II Circuíto de carreiras saudables CorreSAN, un programa de probas de carreiras a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo e que contan coa colaboración do Concello de Santiago a través do seu Departamento de Deportes.


Esta segunda edición constará de 5 probas que se disputarán nos meses de maio, xuño, xullo, setembro e outubro de 2013. A primeira proba será o CORRESAN CAMPUS SUR e terá lugar o 25 de maio.


O período de inscrición comenza o 3 de maio e pódese facer on-line ou de xeito presencial (previamente haberá que facer un ingreso da cota de inscrición) nos seguintes lugares:


-Departamento de Deportes do Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés)


-Multiusos Fontes do Sar


-Complexo Deportivo de Santa Isabel.


PROGRAMA DA ACTIVIDADE


INSCRICIÓN ON-LINE MENORES


INSCRICIÓN ON-LINE ADULTOS


Máis información: www.fgatletismo.es/santiago e www.atletismogalego.org