II CAMPUS DE FÚTBOL VERO BOQUETE

mércores, 26 Decembro, 2012 a venres, 28 Decembro, 2012

DIRIXIDO A: Nenas e nenos con idades comprendidas entre os 6 e 16 anos que durante os días 26, 27 e 28 de decembro do 2012 queiran desenvolver e perfeccionar os fundamentos técnicotácticos do fútbol, tanto colectivos como individuais nun marco incomparable de amizade e compañeirismo, compartindo esta afición con outros xóvenes deportistas e profesionais do medio.


Ademais, a actividade principal está acompañada doutras modalidades deportivas nunha xornada de lecer e actividades de tempo libre.


MODALIDADES:  6 e 7 anos, fútbol sala e 8 a 16 anos, fútbol.


INSTALACIÓNS: Instalacións deportivas municipais (Campos de fútbol de Santa Isabel, As Cancelas e do Sergas). Instalacións do C. X. Don Bosco e La Salle.


 


Mais información en: www.campusveroboquete.com e campusveroboquete@gmail.com