I TORNEO INTERNACIONAL EIXO ATLÁNTICO HOCKEI PATÍNS

sábado, 8 Decembro, 2012 a domingo, 9 Decembro, 2012

A cidade da Coruña organiza o “I TORNEO INTERNACIONAL EIXO ATLÁNTICO HOCKEI PATÍNS” na categoría sub-17 durante os días 8 e 9 de decembro.


Unha selección de Santiago participará neste torneo encadrada no grupo B xunto co Travesas de Vigo e FC Porto.


Os partidos disputaranse no Pavillón de Monte Alto na fase de grupos e os cruces terán lugar no Pavillón municipal de Riazor.