ÉPOCA DE NADAL - INFORMACIÓN DE USO E RESERVA DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

venres, 28 Decembro, 2012 a domingo, 6 Xaneiro, 2013

ADESTRAMENTOS DAS ENTIDADES DEPORTIVAS CON CONCESIÓN ANUAL


Ponse en coñecemento de todas as entidades deportivas que teñen concesión oficial de utilización para a presente tempada 2012/13, que durante as semanas de nadal ─do 24 de decembro ao 6 de xaneiro─ suspéndese a actividade ordinaria de uso dos equipamentos deportivos municipais, tal e como se indicou no escrito de concesión. Algunhas das instalacións asumirán actividades e programas específicos para esta época do ano que van desenvolver diferentes colectivos que contan coa colaboración do Departamento de Deportes.


Non obstante, aquelas entidades que por razóns de competición e/ou outros compromisos deportivos precisen utilizar as instalacións deportivas durante o período citado deberán solicitalo antes do venres 21 de decembro nas oficinas do Departamento de Deportes.


RESERVA DE HORAS POR PERSOAS FÍSICAS NOS POLIDEPORTIVOS


Informamos a todas as persoas interesadas que durante as semanas de nadal ─do 24 de decembro ao 6 de xaneiro─, dado que os martes 25 de decembro e 1 de xaneiro son días festivos, non se poderá reservar de forma presencial unha hora de pista de xogo por parte de persoas físicas nos polideportivos municipais. Esta forma de reserva se traslada aos mércores seguintes a partir da hora habitual das 9 da mañá.


No que respecta ao proceso de reserva on-line, non sufrirá cambios como consecuencia de que o programa informático permite que os martes citados, con independencia de que sexan festivos ou non, se poida realizar a xestión de reserva de pista como é habitual.


Para máis información, poden comunicar coas oficinas do Departamento de Deportes en horario de 9 a 14 horas, chamando ao 981 528 730.