Dia da Bicicleta

mércores, 19 Setembro, 2012

Dende o Departamento de Deportes do Concello de Santiago queremos facer unha homenaxe a este vehículo tan popular e entrañable para pequenos e maiores polo que presentamos o XXII Día da Bicicleta que terá lugar o próximo día 7 de outubro.

Non se trata dunha competición, é simplemente o feito de sacar a bici para pasear polas rúas de Santiago nunha xornada de convivencia e lecer. O domingo día 7 de outubro dende as 11 da mañá temos unha cita coa bicicleta.

Todos os participantes que se inscriban con antelación poderán facelo en El Corte Inglés Santiago, no departamento de deportes (planta baixa) ou no Departamento de Deportes do Concello de Santiago no estadio de San Lázaro (Porta nº1) en horario de 9 a 14 horas. O prazo de inscrición previa remata o día 6 de outubro, sábado, ás 22:00 horas. Todos os inscritos previamente recibirán un agasallo conmemorativo

Os participantes que se inscriban o mesmo día da carreira, poderán facelo ás 10:00 horas, na propia liña de saída, Rúa do Restollal, na fachada principal de El Corte Inglés Santiago.

Só se admitirá unha inscrición por persoa e a non participación na carreira ou a duplicidade da inscrición anulará automaticamente a participación no sorteo de bicicletas que se celebrará ao finalizar a marcha na praza do Obradoiro.

Máis información no enderezo de correo electrónico dptodeportes@santiagodecompostela.org ou no teléfono 981 528 730