DATA SORTEO PRAZAS CAMPAÑA DE NEVE 2023 DEPUTACIÓN DA CORUÑA

martes, 20 Decembro, 2022

O Concello de Santiago dispón de 23 prazas para participar na Campaña de Neve que a Deputación da Coruña organiza na estación invernal de Valgrande-Pajares, na quenda do 3 ao 6 de febreiro de 2023.

Rematado o prazo de preinscrición, e habendo máis solicitudes ca prazas, realizarase un sorteo  público o xoves 22 de decembro, ás 14 horas no Salón de Plenos do Concello.

O resultado do sorteo publicarase nesta web.

Información do sorteo