DATA SORTEO PRAZAS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2019 (DEPUTACIÓN DA CORUÑA)

martes, 4 Xuño, 2019

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 18 prazas para participar nos Campamentos Deportivos 2019, na quenda 4, do 21 ao 26 de xullo.

 

Como o número de solicitudes presentadas supera ao de prazas concedidas, farase un sorteo público diante do Secretario Xeral do Pleno, o vindeiro xoves 6 de xuño, ás 11.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.

 

O resultado do sorteo poderá consultarse no teléfono  981 528 730, na páxina web do Concello  www.santiagodecompostela.gal e na do Departamento de Deportes deportes.santiagodecompostela.gal .