DATA SORTEO CAMPAMENTO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN

mércores, 21 Maio, 2014

A Deputación da Coruña adxudicoulle ao Concello de Santiago 28 prazas para participar no Campamento Deportivo, na quenda 1, do 29 de xuño ao 5 de xullo.


 Como o número de solicitudes supera ao de prazas concedidas, farase un sorteo público diante do Vicesecretario do Concello, o vindeiro venres 23 de maio, ás 13.00 horas, no Salón de Plenos do Concello.


 A lista de admitidos poderá consultarse no teléfono  981 528 730, na páxina web do Concello  www.santiagodecompostela.org e na do Departamento de Deportes www.deportes.santiagodecompostela.org .