CURSO DE DEREITO DO FÚTBOL

venres, 24 Maio, 2013 a domingo, 26 Maio, 2013

O Curso de Dereito do Fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol está dirixido a todas aquelas persoas que estean vinculadas ao mundo do fútbol ou que queiran desenvolver os seus coñecementos neste ámbito, tales como avogados, economistas, universitarios, licenciados en dereito ou INEF, directivos e traballadores de clubs e entidades deportivas, xogadores e colectivos varios.


O curso desenvolverase os días 24, 25 e 26 de maio no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.


DÍPTICO INFORMATIVO


Máis información: cursoderechofutbol@oxemsports.com