Convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado para o ano 2020

mércores, 26 Agosto, 2020

No día de hoxe, mércores 26 de agosto, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 3 de agosto de 2020 da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2020.

O prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, desde o 27 de agosto ata o 15 de setembro, ambos inclusive.

 As solicitudes poderán presentarse:

- Preferiblemente no rexistro electrónico do Estado que permite presentar documentos para a súa transmisión electrónica a outras administracións públicas (comunidades autónomas, entidades locais etc.) integradas no sistema de interconexión de rexistros: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

- Tamén se poderá presentar  nos rexistros do Concello de Santiago de Compostela, que atenderán con cita previa: http://santiagodecompostela.gal/casa_concello/citaprevia.php

  • Rexistro Xeral:  Rúa Presidente  Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras).
  • Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)

 (O horario dos Rexistros municipais entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de 2020 será de 9,00 a 13,00 h., e durante o resto do ano será de 9,00 a 14,00 h.)

 - Tamén poderán presentarse nos rexistros e oficinas a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Publicación no BOP

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Anexo IV

Anexo V