CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO. ANO 2021

luns, 20 Setembro, 2021

No día de hoxe, luns 20 de setembro, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 13 de setembro de 2021 da Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2021.

 

O prazo para presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir desta publicación no BOP, é dicir, desde o 21 de setembro ata o 5 de outubro, ambos inclusive.

 

As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal), no trámite “Solicitude de subvención”.

 

Tamén poderán presentarse por calquera dos medios regulados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Publicación no BOP

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude