CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO ANO 2018

xoves, 23 Agosto, 2018

No día de hoxe, xoves 23 de agosto, publicouse no BOP da Coruña o extracto do acordo do 2 de agosto de 2018 da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela polo que se aproban as bases e convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir da publicación no BOP, é dicir, desde o 24 de agosto ata o 12 de setembro, ambos inclusive.

 As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concelllo (Rúa Presidente  Salvador Allende, 4 Baixo). Horario de verán: de luns a venres de 9,00 13,00 h.

Publicación no BOP

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Anexo IV