CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DO DEPORTE FEDERADO ANO 2017

luns, 17 Xullo, 2017

No día de hoxe, luns 17 de xullo saíron publicadas no BOP da Coruña as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado ano 2017. O prazo para presentación de solicitudes será desde o 18 de xullo ata o 7 de agosto, ambos inclusive.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello (R/ Presidente Salvador Allende, 4  Baixo - Galeras), de luns a venres en horario de 9,00 a 13,00 h.

Publicación no BOP

Bases da convocatoria

Formulario de solicitude