CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA PROVINCIA

venres, 14 Marzo, 2014

A Deputación da Coruña, no seu labor de promoción e difusión do deporte e consciente das dificultades que teñen moitos deportistas con talento, especialmente nas etapas de iniciación e de maior cambio corporal, para progresar naqueles deportes que teñan un carácter individual, pertencentes a algunha das disciplinas olímpicas, realiza unha convocatoria de bolsas co obxecto de apoiar a práctica e o rendemento deportivo, tanto en relación ao perfeccionamento técnico e obtención de maior rendemento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada.


O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de marzo de 2014.


 Máis información