CONFERENCIA "LIDERAR EL VESTUARIO"

luns, 10 Decembro, 2012

O vindeiro luns 10 de decembro o Comité Galego de Adestradores vai organizar unha Conferencia aberta a todos as persoas vinculadas co mundo do deporte en Compostela, que vai ter lugar no Edificio Cersia (a carón do Estadio de San Lázaro) en horario a partir das 20,30 horas. Non será preciso confirmar asistencia, nin facer unha reserva previa, dado que esta proposta é aberta ao público en xeral ata completar aforo (máximo 200 persoas).


O título da conferencia é "LIDERAR EL VESTUARIO" e será impartida por Don ALBERTO GIRALDEZ Licenciado en INEF. Giráldez foi segundo adestrador do Rayo Vallecano, ademáis de ser o preparador físico do Valladolid, Valencia e Tenerife. Gran parte da súa carreira profesional foi a carón de Jorge Valdano con quén compartiu o traballo na primeira plantilla do Real Madrid, para despois pasar a ser o responsable da canteira en canto a formación, estrutura e funcionamiento de todos os equipos das categorías inferiores blancas.


Para máis información respecto desta actividade poderán atopala na web http://scq1e/exchweb/bin/redir.asp?URL=http://www.coenga.com.