CONFERENCIA DO PARAOLÍMPICO CHANO RODRÍGUEZ

mércores, 29 Maio, 2013

Santiago de Compostela será sede da conferencia, integrada dentro do PROGRAMA ESPELLO DEPORTIVO, que impartirá o paraolímpico CHANO RODRÍGUEZ o mércores 29 de maio, ás 19 horas no Centro Sociocultural do Ensanche, e á que poderán asistir de balde todas as persoas interesadas coa única limitación do aforo.


Espello deportivo é un proxecto de dinamización lingüística no que deportistas paraolímpicos e olímpicos manterán un encontro con colectivos deportivos e entidades municipais en diversas cidades galegas. Esta proposta enmárcase na programación de actividades da Rede de Dinamización Lingüística e está a ser financiado a través da Xunta de Galicia ─por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación─ e polas Deputacións Provinciais de Coruña e Ourense. A estas administracións súmase neste caso o Concello de Santiago o cal colaborará na difusión da actividade e na loxística necesaria para o seu desenvolvemento.


O deportista Chano Rodríguez, é nadador paraolímpico que acadou un total 16 medallas paralímpicas, sendo 8 de ouro, 4 de prata e 4 de bronce. Temos polo tanto a sorte de poder disfrutar e coñecer de primeira mán as vivencias dun olímpico que estará a disposición dos asistentes para conversar e mostrar as súas experiencias, que de seguro serán especialmente ilustrativas e enriquecedoras.


Máis información: Tlfno. 981 528 730