CHARLA INFORMATIVA SUBVENCIÓNS DEPUTACIÓN 2014

venres, 15 Novembro, 2013

A Deputación da Coruña vai levar a cabo durante o mes de novembro, en toda a provincia, unhas charlas informativas con motivo de dar a coñecer o contido da convocatoria de subvencións provinciais de 2014, tanto das Bases Xerais como das diferentes convocatorias específicas, nas áreas de Promoción Económica, Servizos Sociais e Cultura/Deportes. As charlas van dirixidas a todas as entidades privadas da provincia, así como ao persoal dos concellos dedicado á xestión de subvencións.

 

En Santiago de Compostela a charla será:

 

Día: Venres, 15 de novembro

Horario: de 20 a 22 h.

Lugar: Edificio CERSIA (R/ Alcalde Raimundo López Pol, s/n  San Lázaro)