CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE NATACIÓN

venres, 28 Decembro, 2012 a domingo, 30 Decembro, 2012

O Campionato Galego Absoluto de Natación se celebrará os días 28, 29 e 30 de decembro na piscina de Santa Isabel.


Máis de 300 nadadores e nadadoras de 24 clubs galegos participarán na competición. Na piscina de Santa Isabel estarán, entre outros, os olímpicos Javier Gómez Noya e Beatriz Gómez. A entrada é de balde.


A organización deste Campionato Galego Absoluto de Natación de inverno corre a cargo do Club de Natación Cidade de Santiago e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Fundación Deporte Galego.


Mais información: www.fegan.org