CAMPEONATO DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA PARA SORDOS 2013

sábado, 26 Xaneiro, 2013

O día 26 de xaneiro terá lugar no pabellón de Santa Isabel de Santiago de Compostela o Campionato de España de Fútbol Sala para Sordos 2013.


O campionato está organizado polo CSD Compostela de Sordos e conta coa colaboración, entre outros, do Concello de Santiago de Compostela e da Federación Galega de Deportes para Xordos.


Ademais do club organizador, participarán os seguintes equipos: CDS Mijas-Costas, CDS Huelva CDS Valencia, CDS Castellón (Asorcas), UDS Zaragoza, CDS Almussafe e CES Casal de Barcelona.