CAMPAÑA DE NEVE 2023 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

luns, 5 Decembro, 2022

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE NEVE na estación invernal de VALGRANDE-PAJARES na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2022). Terán prioridade os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

 

A duración da activade será de 4 dias, de venres a luns. A saída será o venres pola mañá e o regreso o luns despois do almorzo. Esta proposta inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

A Deputación asignoulle ao Concello de Santiago 23 prazas para participar na 4ª quenda: do 3 ao 6 de febreiro de 2023.

Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a seguinte documentación:

 

-       Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.

-       Fotocopia da tarxeta sanitaria

-       Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia

-       Copia do aboamento da cota de inscrición  85 € (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).

-       No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, presentarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

 

 Esta documentación poderá presentarse: 

 

®      Na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) no trámite “Inscrición en actividades”

®      No Rexistro Xeral do Concello

Solicitude de inscrición

A data límite de presentación da solicitude remata o venres  16 de decembro.

 

 No caso de ter máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público ante o Vicesecretario do Concello para a adxudicación das mesmas.

  

Máis información: Departamento Municipal deDeportes  981 528 730

 

Deputación:

www.dacoruna.gal/deportes 

Tfno: 981 080 319