A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE NEVE na estación invernal de VALGRANDE-PAJARES na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021). Terán prioridade os/as nenos/as que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.
A duración da activade será de 4 dias, de venres a luns. A saída será o venres pola mañá e o regreso o luns despois do almorzo. Esta proposta inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
A Deputación asignoulle ao Concello de Santiago 25 prazas para participar na 3ª quenda: do 28 ao 31 de xaneiro de 2022.
Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a seguinte documentación:
- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia
- Copia do aboamento da cota de inscrición 85 € (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, presentarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.
Esta documentación poderá presentarse:
- Na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) no trámite “Inscrición en actividades”
- No Rexistro Xeral do Concello (con cita previa)
Máis información: Departamento Municipal deDeportes 981 528 730
Deputación:
Tfno: 981 080 634