CAMPAÑA DE INVERNO 2020 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

martes, 12 Novembro, 2019

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE INVERNO na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020). Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

 

A duración da activade será de 4 dias, de venres a luns, con entrada na estación o venres pola mañá e saída o luns despois da comida. Esta proposta inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

A Deputación asignoulle ao Concello de Santiago 20 prazas para participar na 2ª quenda: do 31 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2020.

 

Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta en calquera dos Rexistros do Concello:

    - Rexistro Xeral : R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)

    - Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)

 

A data límite de presentación de solicitudes remata o mércores 4 de decembro.

 

No caso de ter máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público ante o Secretario do Concello para a adxudicación das mesmas.

 

Os adxudicatarios das prazas terán que aboar a cota de inscrición de 85 € e completar a documentación necesaria para a inscrición oficial que establece a Deputación:

-  Unha foto tipo carné

-  Fotocopia da tarxeta sanitaria

-  Fotocopia do carné de identidade ou do libro de familia

-  Copia do aboamento da cota de inscrición

-  No caso de que o neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, achegarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

Solicitude de inscrición

 

Máis información: Departamento Municipal de Deportes  981 528 730

gabinete.deportes@dacoruna.gal

www.dacoruna.gal/deportes/esqui