CAMPAÑA DE INVERNO 2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

mércores, 2 Xaneiro, 2019

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE INVERNO na estación invernal de CABEZA DE MANZANEDA na que poderán participar os nenos/-as empadroados nun concello da provincia de A Coruña, de11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019). Terán preferencia os/as rapaces/zas que non foran a ningunha campaña da neve da Deputación.

 

A duración da activade será de 4 dias, de venres a luns, con entrada na estación o venres pola mañá e saída o luns  despois da comida. Esta proposta inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

A Deputación asignoulle ao Concello de Santiago 22 prazas para participar na 1ª quenda: do 25 ao 28 de xaneiro de 2019.

Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta en calquera dos Rexistros do Concello:

Rexistro Xeral : R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)

- Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)

A data límite de presentación de solicitudes remata o xoves 10 de xaneiro.

No caso de ter máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público ante o Secretario do Concello para a adxudicación das mesmas.

Os adxudicatarios das prazas terán que aboar a cota de inscrición de 85 € e completar a documentación necesaria para a inscrición oficial que establece a Deputación: foto tipo carné, fotocopia da tarxeta sanitaria, fotocopia do carné de identidade ou do libro de familia, copia do aboamento da cota de inscrición e, no caso de que o neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, achegarase certificado médico asinado por facultativo/a (de igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo)

 

Solicitude de inscrición 

 

Máis información: Departamento Municipal deDeportes  981 528 730

gabinete.deportes@dacoruna.gal

www.dacoruna.gal/deportes/actividades