CAMPAÑA DE ESQUÍ 2017 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

xoves, 12 Xaneiro, 2017

A Deputación Provincial da Coruña organiza unha CAMPAÑA DE ESQUÍ na estación invernal de LEITARIEGOS na que poderán participar os nenos/-as nados nos anos 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006. A duración da activade será de 5 dias: os participantes entrarán na estación o domingo pola tarde e a sairán o venres  despois da comida. Esta proposta inclúe o transporte, estadía e manutención na estación invernal, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

A Deputación asignoulle ao Concello de Santiago 22 prazas para participar na 4ª quenda: do 19 ao 24 de marzo de 2017.

 

Para poder acceder ás prazas do Concello de Santiago haberá que estar empadroado (farase a oportuna comprobación no padrón de habitantes) e presentar a ficha de inscrición debidamente cuberta en calquera dos Rexistros do Concello:

 

®    

Rexistro Xeral : R/ Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)

®    

Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)

 

A data límite de presentación de solicitudes remata o luns 23 de xaneiro.

 

No caso de ter máis solicitudes ca prazas realizarase un sorteo público ante o Secretario do Concello para a adxudicación das mesmas.

 

Os adxudicatarios das prazas terán que aboar a cota de inscrición de 95 € e completar a documentación necesaria para a inscrición oficial que establece a Deputación: foto tipo carné, fotocopia da tarxeta sanitaria, fotocopia do carné de identidade ou do libro de familia, copia do aboamento da cota de inscrición e, no caso de que o neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, achegarase certificado médico asinado por facultativo/a (de igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo)

 

Máis información: Departamento Municipal de Deportes  981 528 730

Tríptico informativo + ficha de inscrición